CB.Sarria 82 – C.B.Noia 65
O Noia pagou moito as lesións,viaxou con só 8 efectivos,así como o non poder adestrar durante toda a semana.
Da a sensación que os noieses arroxan a toalla para intentar meterse na final a catro ,unha conseguido o obxectivo da salvación.
Noia : Charly3,Martín 2,Santi 17,Aitor 31, Fores,Iván 2,Fran 4,Andrés 6.
Un dito popular define a actuación do Noia en Sarria: “A buenas horas mangas verdes”,como na xornada anterior o C.B.Noia saiu a pista sen estar ao 100% e cando quixo reaccionar xa era demasiado tarde.
Un mal inicio con só 5 puntos nos 7 primeiros minutos facía que o Sarria se marchase no electrónico cunha ventaxa de 10 puntos .Os noieses que concedían moitas facilidades en defensa, os de Sarria anotaban sen apenas oposición.En ataque ninguén asumía a responsabilidade de anotar e as indecisións daban lugar a perdas de balón.O final do 1º cuarto 20 – 10.
No segundo cuarto , apareceu Aitor para asumir a responsabilidade anotando todos os puntos do equipo neste cuarto , un total de 19.Chegábase ao descanso cun 44 – 29.
No descanso os adestradores noieses trataron de animar ao resto do equipo para que tomasen responsabilidades e intentasen anotar, así como subir o nivel defensivo .
Foi no 3º cuarto cando o Noia pareceuse ao equipo do resto da tempada, a defensa individual daba o seu resultado e en ataque o resto de compañeiros anotaban, o Noia era quen de ponerse a só 5 puntos de desventaxa a falta de 1,36 para acabar o cuarto. Pero dúas perdas de balón e despistes en defensa fixeron que o Sarria collera outra vez unha ventaxa de 10 puntos.Finalizando o cuarto cun 57 – 46.
Videos






