ZONAL MASCULINO
Zonal Masculino
INFORTECNY 63 - C.B.NOIA 73
Buen partido dos chicos de Fores nun encontro entre colideres.Os noieses onde debutaron Pablo Arufe e Juan Filgueiras colleron as rendas do marcador e non as soltaron ata o remate.Destacar a gran actuación de Charly n aliña exterior e Iván no xogo interior.

Cómoda victoria do sénior zonal tras desfacerse sen ningún tipo de problemas do CAB Arzúa
.Os noieses deixaron encarrilada a vitoria cun excepcional primeiro cuarto (9-20).No segundo os arzuáns rebaixaron a quince puntos a diferenza para chegar ó descanso cun 33-48.Pero a reacción dos locais foi un espellismo,xa que tralo descanso os homes de Forés aumentaron a renda ata ós 33 (41-74),deixando o partido cerrado.
Anotadores:Martín (4),Charly (18),Forés (15),Emilio (18),Iván (16) –cinco inicial – Pío (3),Chi (6),Suso (12).
Terceira vitoria do sénior zonal,que se desfixo sen ningún tipo
de problema do Bertamiráns por 33-63.O partido non tivo historia
e dende o comezo os homes de Luis Forés deixaron constancia da
súa superioridade,chegando o descanso cunha
vantaxe de 16 puntos,que se ampliou co paso dos minutos.Con esta
vitoria os noieses sitúanse nas posición de cabeza da categoría.
Anotadores:Andrés (7),Charly (15),Forés (14),Emilio (5),Iván (15) – cinco inicial –Martín (4),Pío (1).
SENIOR ZONAL
MASCULINO
Primeira vitoria da tempada do sénior zonal,tras desfacerse na segunda xornada de liga do Amigos do Vía por 87-66.Pese o avultado do marcador final,o partido non foi coser e cantar para os homes de Luis Forés xa que os santiagueses puxeron gran resistencia nos tres primeiros cuartos (41-37 ó descanso e 60-52 final do terceiro cuarto),pero grazas un formidable último cuarto,onde lograron un parcial de 14-27, puideron estrear o casilleiros de vitorias.
Anotadores:Andrés (20),Charly (16),Roi (14),Emilio (15),Iván (9) –cinco inicial- Forés (8),Pío (5).
DERROTA DO SENIOR ZONAL NO
DEBUT NA CATEGORÍA .
O sénior zonal caeu no seu primeiro partido
de liga ante o Clásicos do Milladoiro por
70 a 64,nun partido que os noieses dominaron ata o
terceiro cuarto.Pero a falta de efectivos pasoulle factura o
conxunto noiés –presentouse con sete xogadores- no derradeiro
cuarto, encaixando un parcial de 12-22 ,que facía que a vitoria
quedase no Milladoiro.
Anotadores:Martín (8),Charly
(12),Forés (21),Emilio (9),Suso (2) –cinco inicial – Andrés
(12),Chi (0).






