
CLUBE BALONCESTO NOIA – FORJASA ROSALÍA
Solo Aitor y Chechu superaron los diez puntos en un Noia que también perdió frente al Rosalía
.
Va de derrota en derrota el Noia desde hace cuatro jornadas. El pasado sábado cedió frente al Rosalía de Santiago en el pabellón Alonso por 58-76, en un partido en el que solo Aitor y el pivote Chechu superaron los diez puntos de anotación. A falta de seis jornadas, el cuadro de Filgueiras y Furelos necesita ganar todos los encuentros para meterse en la final a cuatro.
Noia:
Martín (1), Aitor (13), Fran Ferraces (3), Iván (5), Chechu (14) -quinteto inicial-, Charly (6), Iago (3), Santi (8), Forés (2) y Andrés (3). Rosalía: Antón Rodríguez (7), Pablo Cid (15), Diego Blanco (28), Mallo (15), Marek Soucek (9) -cinco titular-, Jesús Díaz (0), Pablo (0), Fuentes (0), Sanmartín (6), Cereijo (1) y Ricoy (0). Árbitros: David Seoane y Xesús Pena. Protestados. Señalaron 24 faltas a los locales y treinta a los visitantes. Eliminaron al anfitrión Martín. Resultados parciales: 14-15, 13-20 (27-35, descanso), 17-15 (44-50) y 14-27 (58-77). Incidencias: Partido de la 25 jornada de la Primera División. Se disputó en el pabellón Alonso, ante 150 espectadores.
Igualdad e iniciativa
Aunque hubo igualdad durante la primera parte, el equipo de Chinchón Soares tuvo el mando en el luminoso. Tras el intermedio, los de Filgueiras y Furelos amagaron con dar. Libraron los mejores momentos del encuentro y se situaron a seis puntos del oponente (44-50). Pero sin gas, falto de energía, el conjunto noiés se fue difuminando con el paso de los minutos y, cuando quedaban cuatro para el bocinazo definitivo, los visitantes le echaron el lazo.
La jornada deparó estos otros resultados: Sarria 81, Celtas 49; Vilalba 67, Narón 68; Reale Thebes 73, Gauzón Ibérica 75; Norinver 70, Estudiantes 51; Canteiras 73, Vigo 72; Básquet Coruña 64, Arzúa 49; Peleteiro 78, Xove 73. Clasificación: Vigo 42 (18, 6). Peleteiro 41 (17,7). Narón 40 (16, 8). Norinver Ferrol 39 (16, 7). Noia 38 (14, 10). Básquet Coruña 36 (12, 12). Arzúa 35 (11, 13). Rosalía 35 (11, 13). Canteiras 34 (12, 10). Sarria 34 (12, 10). Vilalba 34 (10, 14). Gauzón Ibérica 33 (11, 11). Reale Thebes 33 (9, 15). Xove 32 (9, 14). Estudiantes Lugo 32 (8, 16). Celtas de Foz 26 (2, 22).
Este fin de semana, el Noia volverá a jugar en casa. Recibirá en el polideportivo Alonso (sábado, 19.00) al Discoteca Troco de Vilalba.
Celtas Foz 93– C.B.Noia 87
A eliminación por faltas de Iván dinamitou ao equipo.
En primeiro lugar o Noia quere dar a noraboa a un Foz que loitou moitísimo e creeu na victoria durante todo o encontro( chegando a estar 11 puntos abaixo no último cuarto).
Con esta derrota os noieses despídense de loitar por entrar entre os catros primeiros e xogar a fase de ascenso.
Noia : Charl3, Santi 2, Aitor 14, Martín,,Vicario 26,Fores 3, Iván 15, Ferraces 6, Andrés 3 e Chechu 15
Foz: Val 22,Fraga 11,Teijeira 3,Sama 26,Rodríguez , Chao 14,Cobas 12, Vasco 5
Parciais: 26 -25, 17 -25, 17-15, 33-22
Faltas 18 ao locais e 27 aos visitantes.
Partido moi ben xogado por ambos conxuntos e con gran acerto dende a liña de 6,25, 15 triplas para os de Foz e 13 para os Noieses.
Un primeiro cuarto onde os ataques superaban as débiles defensas.No segundo cuarto os noieses impoñían o seu xogo interior e marcaban unha pequena distancia no marcador chegando ao descanso con 7 puntos de ventaxa.
No terceiro cuarto os de Foz cambiaban a defensa a zona 2-3 .Os noieses conseguían boas opcións de tiro pero non anotaban e os locais marchábanse no marcador.A finais do cuarto os de Noia eran quen de igualar o marcador.
Un bon inicio do último cuarto facía que os noieses colleran unha renda de 11 puntos que parecía definitiva .
Pero a reacción local chegou cun gran acerto dende 6,25 e dende a liña de tiros libres anotando 13 consecutivos debido ao severo castigo arbitral que sufriu o conxunto noies.
A próxima semana os noieses reciben ao Rosalía na casa.
O NOIA VENCE AS ADVERSIDADES E ARRASA AO NORINVER FERROL
AITOR ASUMIU A RESPONSABILIDADE DENDE O INICIO E ANOTOU A FRIOLERA DE 38 PUNTOS.
C.B. NOIA 85 - NORINVER FERROL 76
NOIA: Aitor 38, Andrés 2, Iván 7, Chechu 12, Santi 7, Ferraces 6, Fores 5 , Charly 7, Juan Filgueiras 1
Presumíase unha derrota ,incluso abultada debido as adversidades cas que afrontaba o Noia este encontro que quiso aprazrar pero non foi posible.O venres só adestraban 3 xogadores do equipo de 1ª Nacional.Eran baixas para o encontro Martín e Vicario.Cambiábanse para xogar pero lesionados Chechu cunha lumbalgia, Santi e Aitor con esguince de tobillo e Pablo con tendinitis. Tamén se vestiron de corto Yago con rotura parcial de ligamento no xeonllo e o adestrador Juan Filgueiras, asumindo Pio Furelos 2º adestrador a dirección do partido.
Sabía o Noia da importancia do encontro e da dificultade debido a calidade do rival, pero había un xogador especialmente motivado que contaxiou aos seus compañeiros, ese era Aitor que anotou 16 puntos no primeiro cuarto para ir marcando as primeiras diferenzas.Un Noia moi motivado en defensa e con moitísima orde en ataque collía a primeira ventaxa de 10 puntos chegándose ao final do parcial cun 24 - 15.
No segundo cuarto o Ferrol meteu toda a súa artilleria na pista con Moreno, Codesido,Alberto seco , Gorri e Julio, daban alcanze aos locais chegandose ao descanso ca ventaxa mínima de 2 puntos 42 - 40.
No descanso Pio decíalle que a liña a seguir era esta, ca defensa un pouco máis agresiva e intentando correr un pouco máis ao contrataque .
Así sucedeu un Noia ca defensa a tope parando a Moreno que chegaba a desquiciarse xogándose todos os balóns que lle chegabane enfadándose cos seus propios compañeiros ,facía que o Noia se fose denovo aos 10 puntos , 62 -52.
No derradeiro cuarto o Noia sabía que non se podia relaxar, seguía apretando e chegaba a coller unha ventaxa de ata 16 puntos a falta de 2 minutos chegou a relaxación local e so erros de infantís acercaban ao Ferrol ata os 6 puntos.
Ao final victoria cómoda por 85 -76.
Destacar a actuación de Iván que foi o dominador en ambas zonas e o traballo de todo o equipo inclusive os xogadores que non saltaron ao campo pero que dende o banquillo eran un xogador máis así como ao público do alonso .
E curiosos que o Noia que esta a recuperar o seu mellor momento de xogo cando está a ter moitas dificultades para adestrar pois desde o Nadal nunca contou con máis de 6 - 7 efectivos e pasou a adestrar só un día a semana.
Na vindeira semana visita deficilísima a Estrada onde o conxunto Noies nunca conseguiu a victoria.
CANTEIRAS PORRIÑO 67– CB.NOIA 69
A Victoría do traballo
Noia : Charly 3, Santi 8,Aitor 30, Pablo 5, Fernando 11,Fores 3, Iván, fran 4, Andrés e Chechu 7
Esta foi unha victoria do grupo,este era o sentir no vestiario unha vez finalizado o encontro.Os compañeiros destacaron o carácter de Iván que levantou o ánimo aos seus compañeiros.
Os noieses venceron pola mínima a un gran rival .
empezou o Noia moi centrado e xogando cun gran equilibrio entre todas as súas lineas, marcaba as primeiras diferencias no electrónico con ventaxas de 5 puntos.O equipo rotaba a todos os xogadores agás Fernando.
No segundo cuarto a sensación era a mesma un Noia dominador pero incapaz de romper o encontro.Nos últimos minutos deste cuarto o Porriño cun gran acerto e con transicións rápidas e quen de acadar a igualdade no marcador, chegándose ao descanso cun 36 - 37 para os noieses.
Tras o descanso os de Porriño apretar moito máis en defensa, xogando moito ca permisibilidade dos árbitros en ambos campos pero sendo máis agresivos estos e levando un parcial de 24 - 14 .
No derradeiro cuarto cando todo parecía perdido con 15 puntos abaixo a falta de 3 minutos os noieses reaccionan tras un tempo morto,consiguen denovo fluidez en ataque e unha defensa que non concede nin un tiro cómodo fai que o Noia chegue a poñerse por diante e se leve o encontro.
Como nota negativa a lesión de chechu que non actuou dende o descanso por problemas na espalda.
Na vindeira semana o noia enfréntase ao Ferrol, lider e actual campión da cvategoría.O Noia o terá dificíl pois non poderá contar con chechu,Fernando e Martín .Os locais pediron o cambio do encontro pois non ten moitos efectivos pero os ferroláns non o aceptaron.
C.B. Noia 86 - Ferroplast Coruña 64
ÉPICA VICTORIA DUN NOIA CON MOITÍSIMAS BAIXAS.
O Noia afrontaba este encontro tras unha semana moi difícil pois so contou con 6 xogadores para adestrar tanto o luns coma o venres.
As lesións e compromisos laborais e persoais facían que o adestrador Juan filgueiras tramitase a ficha e tivese que cambiarse para xogar levando as rendas do equipo Pio Furelos que demostrou un moi gran facer.
Sabía o Noia que o partido sería de moito ritmo pola presión que exercen os coruñeses, os noieses tiñan claro como rompela, así sucedeu nos primeiros ataques os noieses anotaban canstras sos debaixo do aro e collían as primeiras ventaxas no marcador.
Nun primeiro cuarto de toma e daca chegábase ao final do cuarto cun 21 - 16 para os noieses.
No segundo cuarto os noieses apretaron máis en defensa complicándolle moito o ataque aos coruñeses.Boas transicións xunto con boas decisións en ataques estáticos facían que os noieses rompesen o encontro cun parcial de 20 - 11.Chegándose ao descanso cun 41 - 26.
A única dúbida era se os lacais serían capaces de aguantar o ritmo do encontro ou pasaría coma na xornada anterior onde no terceiro cuarto se afundirón. Pois esta vez tocou aguantar un parcial moi equilibrado ca mesma dinámica de xogo acababa cun parcial de 22 -18.
No último cuarto os noieses sabían que dependían de si mesmos, aguantar unha saída forte e o partido estaría resolto.
Coruña planteaba unha zona presionante na súa chancha que o Noia rompía a base de triplas, tendo coma protagonistas a Aitor , Ferraces e chechu
.A distancia cando quedaban menos de 4 minutos estaba por encima dos 24 puntos.A partir de aquí foi un autentico inferno os coruñeses decidían facer falta cada vez que a pelota entrase en xogo e foi así continuamente chegando a casí desquiciar aos noieses que só encaixaban golpe tras golpe .Só unha tripla no último segundo fixo que os de coruña baixasen dos 25 puntos de desventaxa.
En liñas xerais un partido moi ben plantexado por Pio Furelos e moi ben xogado cun equipo con moito carácter destacando denovo Charlie e Fores así coma na anotación Santi.
Na próxima semana saíd didicilísima a Porriño , conxunto que venceu con moita claridade aos noies en Noia deixando a impresión de mellor conxunto da tempada.
Noia : Charly 7, Santi 16, Aitor 31, Juan Filgueiras 1, Pablo, Fores 9, Iván 2,Fran Ferraces 8, Chechu Malo 12.
Ferroplast: Somoza 8, Méndez 5, Amado 7, Carballo 5, Flores7, Sánchez 3, Fernández, Malpica 9, Nontenegro8, Blanco8 , Castaño 2, Codesido2

DERROTA ANTE UN PELETEIRO QUE BONBARDEU O ARO NOIÉS DENDE 6,25, ( 14 triplas ).
O equipo noiés mantén o average a favor pois na ida gañara por 12 puntos.
Peleteiro 76 : Pazo 19, Patiño, Rilo, MAside 2, Ditano 2, Raviña 7, Fer 5, Rama 21 ,Soriano y Cochón 17.
C.B. Noia 65 : Charly, Santi 11, Aitor 17, Martín 3, Pablo 2, Vicario 21 ( 6 triplas) Fores, Iván, Ferraces 2, Andrés , Chechu 7.
O C.B. Noia quere agradecer ó Peleteiro o cambio de hora para que Vicario poidese disputar o encontro , un gran detalle de compañerismo nun deporte amateur.
Partido importantísimo o disputado en Montouto onde se enfrontaban os dous equipos que ían empatados en 2º lugar da clasificación que agora lidera o Peleteiro.
Empezou o encontro esperanzador para o Noia cun primeiro cuarto alto na anotación comparado ca dinámica dos últimos encontros ( 23 - 26 ).Os homes interiores do Noia aprobeitaban ben os dous contra un que facían aos exteriores anotando canastras baixo o aro.
O Noia levaba o mando no marcador e incluso dispuxo dunha renda de ata 8 puntos.No segundo cuarto a dinámica semellaba igual pero foi entón cando Koke Rama e David Pazo colleron o fusil e dende 6,25 enpezaban a marcar diferenzas chegándose ao descanso cun 43 - 43 .
Pese ao empate no electrónico o Noia estaba esperanzado de levarse a victoria pois volvía a anotar e ter boas sensacións e moi bos minutos de xogo,pero foi no inicio do terceiro cuarto cando chegou a sequía anotadora dos últimos encontros .O Noia pasaba 5 minutos sen anotar e o Peleteiro íase pouco a pouco no marcador, o Noia só anotaba 7 puntos no cuarto e Peleteiro marchábase cunha diferenza de 7 (57 - 50 ).No 4º cuarto o Noia encontraba dificultades ante o cambio defensivo do Peleteiro pero cando esto parecía superado e que podía chegar a igualada no electrónico dúas triplas consecutivas de 9 metros sentenciaron o encontro. No último minuto e medio o Noia só tiña que pensar en non perder o average e así o fixo polos pelos.
A vindeira semana o Noia recibe ao complicadísimo Coruña. O equipo está disposto para dalo todo e intentar no caer dos lugares altos da clasificación e necesitará a axuda do público noies para lograr a victoria.
O peor Noia da tempada
CB.NOIA 49 CB.XOVE 54
O Clube baloncesto Noia desaproveitou a oportunidade de colocarse como líder da primeira nacional masculina,tras caer diante do penúltimo clasificado ,o clube baloncesto xove por 49-54.
Os da Mariña ,que non gañaban dende o 25 de outubro,foron merecedores da vitoria que se levaron do Alonso Rodríguez,tras ver a peor cara do Noia nesta tempada.
Os dous primeiros cuartos do equipo de Filgueiras e Furelos foron para olvidar,espesos en ataque,sen ideas e con moitísimas perdas de balón,isto provocaba que o Xove chegase o descanso con catro puntos de vantaxe (20-24).Unha vantaxe pouco amplía para os méritos de uns é de outros.Tralo descanso os noieses melloraron,e remontaron a diferenza de catro puntos, igualando a 32 o partido a falla de un minuto e medio e poñéndose por diante por primeira vez no choque co último bocinazo do derradeiro cuarto (36-32).No último cuarto os noieses ampliaron a renda ata os sete puntos,pero non eran quen de dar a puntilla o choque.Así chegouse o derradeiro minuto e medio.Unha tripla de Forés puña no luminoso o 49-42 para os locais e parecía que a vitoria quedaría na casa,pero non foi así.Xa que o último minuto é medio dos locais foi esperpéntico.Firmando nese tempo os de Pablo Pardo un parcial de 0-12,tras encadear os noieses catro perdas de balón case consecutivas,que fixo que a vitoria voase de terras noiesas.
Con esta derrota igualase todavía máis a clasifación nos cinco primeiros postos,atopándose no marxe dunha vitoria ata cinco equipos.Para a semana o equipo desprázase a Santiago,para enfrontarse ó Peleteiro de Fran Varela.
CB.Noia 49 (10+10+16+13): Martín (0),Aitor (5),Fran Ferraces (3),Santi (11),Chechu (18) –cinco inicial –Charly (3),Pablo (4),Forés (3),Iván (2).
CB.Xove 54(14+10+8+22):López (0),Pérez (8),Oroza (14),Zeballos (14),Alacalde (14) –cinco inicial –Leitao (2),Castro (0),Sánchez (0),López (0),Piñón (5).
Árbitros:Huete e Balboa.Sinalaron 13 faltas ós locais e 16 ós visitantes.Sen eliminados.
Incidencias:16 ª xornada da primeira nacional masculina que se disputou no pavillón alonso rodríguez de noia ,que acolleu arredor de 100 espectadores,entre eles o alcalde da localidade D.Rafael García Guerrero
C.B.NOIA
68 - BALONCESTO NARÓN 64
O
equipo de Juan Filgueiras tumbou por primeira vez na temporada o
líder da competición o Baloncesto Narón que chegaba invicto o
Alonso.Tras esta vitoria os noieses convertesen así na besta
negra do equipo de Ferrolterra,xa que nos últimos cinco
encontros oficiais,os noieses gañaron catro.
O partido arrancou cun
bo ritmo de xogo e con ambos equipos demostrando o porqué da súa
clasificación.Os minutos deste primeiro
período, transcorrían sen un claro dominador e con exiguas
vantaxes para e un e outro conxunto.Pechábase este primeiro
parcial cunha tripla no último segundo do
visitante, Dobarrio.Facendo o luminoso xustiza,tras os méritos
de uns e de outros(18-19).Tralo visto no primeiro cuarto,o
choque estaba a altura das expectativas non defraudando a
ninguén dos presentes.
No segundo cuarto os
noieses amosaron os mellores minutos do choque, cun ataque moi
fluído,e unha excelente defensa, reflexando na pista o que din
as estadisticas: o Noia e o equipo que menos puntos recibe da
categoría.A mediados do cuarto lograban do cuarto as primeira
vantaxes importantes do choque, maniatando por completo o ataque
do Narón que tan só anotaba oito
puntos neste cuarto, con tan só dúas canastras en xogo.Chegábase
o intermedio con moi boas sensación e con dez puntos por
arriba,37-27 .Vantaxe que podería ser maior se os de Filgueiras
e Furelos estivesen un pouco máis atinados cara o aro contrario.
Tralo paso por vestiarios os de Ferrolterra
reaccionaron timidamente,pero non eran quen de rebaixar a
distancia que rondaba novamente os dez puntos.Ata que a falta de
tres minutos para terminar o cuarto,oito puntos consecutivos de
Lami e a espesura en ataque do conxunto noiés, facía que os
visitantes engancharanse de novo o partido.Pero pese a todo os
locais seguían por diante no luminoso 47-44.
Pero trala
reanudación a historia mudou. Unha técnica o banquillo visitante
e a quinta falta de Lami,que foi o amo e señor de ámbalas
zonas,fixo que os laranxas baixaran as súas contra
prestacións.Entón xurdiu a figura de Aitor
Seoane,que ata entón había pasado case desapercibido no choque,e
firmou a friolera de dezanove puntos de
maneira consecutiva,levando os noieses a novena vitoria da
tempada.
Tras esta vitoria os de Filgueiras e
Furelos achéganse o líder,o Baloncesto Narón e
poñen terra de por medio cos seus inmediatos perseguidores.
Para semana o equipo desprazase a terras
ferroláns ,para medirse o Gauzón Ibérica Recimil,que esta
xornada gañou por un contundente 67-96 o CB.Vilalba en terras
luguesas.O partido arrancarás as 17 .00 do Sábado,no
polideportivo Javier Gómez Noya.
Ficha técnica:
CB.Noia 68:Martín (0),Aitor
(23),Fernando Vicario (23),Chechu (8),Santi (9) –cinco inicial –
Forés (0),Iván (4),Fran Ferraces (1),Andrés (0).
Baloncesto Narón 64: Carlos
Dobarrio (5),Varela (3),Ernesto De la Vega (5),Lois Villar (6),Lami
(25) – cinco inicial – Amado (0),Celso Calvo (0),Rafa Cerrato
(4),Casti (3),Samuel Penín (7),Ángel Ramudo (2),Sergio Rey (4).
Parciais:18-19 // 19-8 //10-17
//21-20
Ärbitros: Casal e Rodil.Sinalaron
22 faltas ós locais e 30 ós visitantes,entre
elas unha técnica o seu adestrador ,Suso Varela e outra o
banquillo.Eliminaron a Lami (35´)Lois Villar (40´) e o local
Santi (38´).
Incidencias: Undécima xornada da
Primeira Nacional masculina,que se disputou no Alonso Rodríguez
de Noia,que rezou o cheo.Arredor de 400 persoas se deron cita
para ver o enfrontamento entre o primeiro e segundo
clasificado,entre elas atopábase o alcalde da localidade Rafael
García Guerrero e o concelleiro de deportes ,Lino García.
CB.NOIA
65 - CELTAS PRIMERAS CALIDAD
57.
O Clube baloncesto Noia suma a sétima
vitoria da tempada tras desfacerse o pasado fin de semana do
Celtas Primera Calidad por 65-57,nun partido gris onde o mellor
do choque foi a vitoria do conxunto local,
Pese o mal partido en liñas
xerais de todo o equipo,iniciábase ben o
partido e conseguíanse as primeiras
rendas do encontro grazas o dominio en ambas zonas.Chegando o
derradeiro bocinzao do primeiro cuarto cun
19-10,que prexaxiaba
un partido en teoría cómodo.Pero
non fai así e os noieses foron diluíndose
co paso dos minutos amosándose
moi brandos atrás e con pouco tino
cara o aro do conxunto de A Mariña.Pese a
todo non cedían en ningún
momento do choque a iniciativa no luminoso pero
tampouco eran quen de mata-lo partido.Chegábase
así ó
derradeiro cuarto cunha mínima
vantaxe do equipo de Filgueiras e Furelos (47-43)e con todo por
decidir.As cousas non melloraban neste cuarto o que dou pé
a que o conxunto de Marco Antonio Justo igualase o choque a
falla de tres minutos (54-54)grazas a unha soberbia actuación
de Sama.Pero os noieses tras estar todo o partido coqueteando no
marcador co conxunto visitante reaccionaron e firmaban
un parcial de 11-2 nos últimos
minutos que decantaba a vitoria a favor do conxunto local.
Con esta vitoria o Noia mantense no segundo
posto da clasificación a dúas
vitorias do líder da competición
o clube baloncesto Narón ,que este fin de
semana desfíxose do Reale Thebes da
Estrada.Para a semana o conxunto noiés
desprázase a Santiago,para afrontar o
segundo derbi da temporada ante o Forjasa Rosalía
(sábado 19.30 Instituto Rosalía).
Ficha técnica:
CB.Noia 65 (19+14+14+18) :Martín
(0),Aitor (15),Fernando Vicario (10),Chechu (15),Santi (17)
cinco inicial Suso (0),Pablo (5),Forés
(0),Fran Ferraces (3),Andrés (0).
Celtas Primera Calidad 57: Pico (6),Pérez
(0),Teijeira (4),Sama (20),Cao (11) cinco inicial Val
(10).
árbitros:Carbajo e Domínguez
sinalaron 15 faltas ó conxunto local e
15 ó visitante.Sen eliminados
Incidencias: Novena xornada da Primeira Nacional Masculina que se disputou no pavillón Alonso Rodríguez con boa entrada arredor de 200 espectadores

C. B. NOIA 64 - C. B. SARRIA 42
A gran dirección de Martín e o bo traballo de Ferraces e Fores fixo que o Noia mostrase a súa mellor cara da tempada.
O Noia sumou a sexta vitoria da tempada tras desfacerse do CB.Sarria por un contundente 64-42,e que lle sirve para escalar ao segundo posto da clasificación,trala estela do líder Baloncesto Narón.
Gran posta en escea dos
homes de Juan Filgueiras e Pío Furelos, que movían o balón con
moitísimo criterio e anotan tanto do interior coma do exterior,
unido a unha gran actitude defensiva(so tres canastras en xogo
do Sarria)propiciaba as primeiras vantaxes do equipo noiés, que
chegaba o final dos primeiros dez minutos cun claro 23-10.
No segundo cuarto os de Marcos López reaccionaron e deixaban sen anotar o Noia durante case cinco minutos achegándose perigosamente no electrónico.Pero o tempo morto dos técnicos locais parou a sangría anotadora dos lucenses e devolveu unha pequena marxe de sete puntos coa que se chegaba o descanso (29-22).
Tralo descanso os lucenses
chegaron a situarse a seis puntos (31-25 minuto.4),pero foi un
espellismo xa que a partires de ahí o Noia amosouse moi superior
e empezou a gozar de rendas cércanas a dez puntos,terminando o
terceiro período co máxima diferenza do choque (47-34).
No último cuarto os locais
controlaron perfectamente o ritmo do choque,non dando ningunha
opción o equipo visitante e co paso dos minutos foron agrandando
as diferenzas ata a chegar o 64-42 final,que
fai xustiza o visto no pavillón Alonso.
Para a semana o Noia recibe
o colista da Primeira nacional Masculina,o Celtas Primera
Calidad.A cita o Sábado ás 19.00 no Alonso Rodríguez.
Ficha Técnica:
Noia 64 (23+6+18+17):
Martín (2),Aitor (22),Forés (5),Chechu (12),Santi (10) –cinco
inicial – Pablo (2),Fran Ferraces (7),Iván (4),Andrés (0).
CB.Sarria 42 (10+12+12+8):López (0), López II (5),Jorge García (10),Copa (7),Domínguez (4) –cinco inicial – López III (11),García (0),López IV (0),Díaz (0),Goyanes (2).
Árbitros: González e
Cudillero.Sinalaron 20 faltas os locais e 18
os visitantes.Eliminaron o xogador do CB.Sarria ,Copa.
CB.VILLALBA 59 –CB.NOIA 55
Derrota ante un Vilalba que foi máis e mellor equipo.

Aitor

Charly e Ferraces nun encontro contra Porri ño
26 de outubro do 2009
O Noia sumou a súa quinta vitoria da tempada a conta do Reale Thebes de A estrada ,por 60-50,nun partido que se tivo que xogar no colexio Jaime Balmes,debido a condensación do polideportivo Alonso Rodríguez.
O partido estivo marcado polas ausencias de importantes xogadores en ambos conxuntos;polo equipo visitante faltou a cita o pivote Bilba e pola parte local Fernando Vicario e Jacobo Arufe.
Nos primeiros vinte minutos de partido os noieses tiveron o control do partido ante un Reale Thebes que se amosaba moi espeso en ataque.Pero a falla de tino de cara o aro dos estradenses,pemitía a estos seguir en partido,pese a estar varios minutos dos segundo cuarto sen anotar .O descanso os noieses mandaban no electrónico pero non eran quen de despegarse dos visitantes.Pese a iso o Noia,chegaba cun renda de máis nove o descanso (27-18)
Tralo paso por
vestiarios,os de Fernández Ledo reaccionaron e chegaron
os seus mellores momentos do partido e da man de Pernas(
6 puntos no cuarto) e Sande (con moito tino dende o
6.25)devolvían a igualdade no marcador .Tralo derradeiro
bocinazo do terceiro período chegábase cun
40-38 a prol dos de Filgueiras e Furelos.
No derradeiro período a igualdade mantívose ata o minuto cinco aproximadamente,tendo ambos conxuntos pequenas rendas,pero sen un claro dominador do choque.A balanza decantouse nos últimos minutos a prol dos noieses que cunha boa defensa e con boas accións en ataque distanciáronse no marcador en case dez puntos.Unha vantaxe que sería insalvable para os visitantes e suficiente para lograr a quinta vitoria da temporada.Os noieses refrendaron a vitoria no último minuto dende o tiro libre.
Tras esta
vitoria os noieses,suben ata o segundo posto da
clasificación a unha vitoria do líder invicto baloncesto
Narón,que segue intratable na categoría,e que este fin
de semana se desfixo do Ferroplast basket coruña
Para a semana os noieses visitan o CB.Vilalba,o partido esta pendente de hora e data,xa que o clube solicitou o troco do partido ,xa que o Sábado todo o clube ten previsto desprazarse a Compostela para ver o partido de liga ACB entre o Xacobeo Blu: Sens e o Axuda en Acción Fuenlabrada.No equipo madrileño milita o xogador noiés e formado no clube,José Ängel Antelo.
Ficha técnica:
CB.Noia 60
(13+14+13+20):Andrés (0),Aitor (14),Roi (18),Chechu
(19),Santi (7) – cinco inicial – Charly (0),Martín (2),Pablo
(0),Forés (0),Iván (0),Fran Ferraces (0).
Reale Thebes 50 (11+7+20+12):González (0),Magariños (11),Pernas (11),Chao (2),Fernández (5) –cinco inicial – Constenla (0),Tosar (0),Pérez (3),Álvarez (4),Sande (12).
Árbitros:Carbajo
e Domínguez.Sinalaron dezasete faltas ós locais e vinte
e tres ós visitantes.Sen eliminados.
Incidencias:Sexta xornada da primeira nacional masculina,que se disputou no polideportivo do Colexio Jaime Balmes,debido a condensación existente no pavillón Alonso Rodríguez.Acudiron o choque arredor de 150 espectadores.
20 de outubro do 2009
Importante
vitoria a conseguida polo primeiro equipo na súa visita
a Ferrol o pasado fin de semana,onde gañaron ó
actual campión da Primeira Nacional Masculina o Norinver
Ferrol por 62 -72.Os noieses amosáronse coma un
rival moi serio e que tiña pouco
que ver o que se enfrontou o Canteiras Porriño hai sete
días no Alonso Rodríguez
Os primeiros dez
minutos do choque resultaron moi
igualados,xa que os noieses pese a boa circulación de
balón non se amosaban nada atinados co aro local e
pemitían que os locais non perderan a
estela dos noieses no electrónico.Destacar a magnífica
posta en escea do pivote ferrolán,Mario Gonzaléz que
anotou dez dos trece puntos dos locais no primeiro
cuarto.Pero as tornas cambiaron no segundo cuarto onde
os de Filgueiras e Furelos non concederon moitas
opcións e disparábanse no marcador con rendas cércanas
os dez puntos.Isto provocou a reacción do técnico
local,que forzou a saída de José María Moreno.O ex-acb
tras varias xogadas conseguía acercar os de Ferrolterra,pero
tanto Vicario como Aitor( o sábado inmensos)apareceron e
cerraban as tras últimas xogadas do segundo cuarto con
tres triplas.Chegando así o descanso cun
máis nove ,e con boas sensacións (31-40).
Tralo paso polo
vestiarios,os noieses conseguiron parar o principal
caudal anotador dos ferroláns ,José María Moreno (que ó
descanso levaba sete puntos)e con
paso firme en ataque,puñan terra de por medio no
electrónico co filial do ferrol .Obtendo así a mediados
do terceiro cuarto rendas superiores os
quince puntos,que se quedaban en catorce tralo
derradeiro bocinazo do terceiro cuarto (42-56).
No último cuarto
os de Luis Barbeito reaccionaron da man de Alberto Seco
e do propio Moreno e reduxeron a distancia entre ámbolos
equipos.Chegándose a poñer a falla de catro minutos a
seis puntos,pero non foron quen de
completa-la remontada ante o gran
oficio do conxunto visitante
Os pupilos de
Juan Filgueiras e Pío Furelos,suman unha nova vitoria
que os fai subir un posto na clasificación,quedando
trala cuarta xornada na terceira posición a unha vitoria
do líder invicto,baloncesto Naron,. que este fin de
semana gañaba en Santiago o Peleteiro(onde milita Koke
Rama) por 79-82.
A nota negativa
do encontro foi a lesión de Roi que lle tiveron que
aplicar sete puntos de sutura na cella esquerda.
Na próxima
xornada os nosos volven a actuar como locais,recibindo o
Reale Thebes de A estrada. (Sábado 24 outubro ás 19.00
no Alonso Rodríguez)
Ficha técnica:
Norinver Ferrol
62: Alberto Seco (8),Fernández (5),Díaz (4),Rozados
(3),Mario González (12) –cinco inicial-González
(0),Calvo (0), Moreno (21),,Alejo (6),Romero (0).
CB.Noia 72:
Aitor (21),Roi (13),Fernando Vicario (18),Chechu (8),Santi
(7) –cinco inicial – Charly (0),Pablo (0),Iván (0),Fran
Ferraces (2),Andrés (1).
Parciales: 13-19
// 18-21 // 11-16 // 20-16.
Árbitros:Rodríguez e Rodil.Sinalaron 19 faltas ós locais
e 17 ós visitantes.Eliminaron os ferroláns Alejo e Díaz
e o noiés Fernando Vicario.
Incidencias:
Cuarta xornada da Primeira nacional masculina que se
disputou no pavillón de Esteiro,con 100 aficionados nas
bancadas.
12 de outubro do 2009
CB.NOIA 48
CANTEIRAS PORRIÑO 63
Primeira derrota
do equipo de Primeira nacional,que caeu perante o oitavo
clasificado da categoría,o Canteiras Porriño por 48-63,e
que chegaba o Alonso Rodríguez cunha vitoria e dúas
derrotas.
Mal partido do
conxunto de Juan Filgueiras e Pío Furelos que se viu
superado en todo momento polo conxunto de Darío Méndez.O
Canteiras fraguou a súa vitoria nun case perfecto
segundo cuarto onde anotaron vinte e sete
puntos,(dezaoito de eles dende a liña de 6.25)mentres os
noieses só chegaron anotar sete puntos.As cousas xa
parecían sentenciadas no descanso(23-44)
e só se esperaba a
milagre.Destacar nesta primeira metade o notable acerto
do equipo visitante dende a liña de tres puntos (nove
triplas o descanso).
Tras o paso por
vestiarios pouco mudou o panorama.Os noieses eran todo
fé, e liderados por un Roi(que estivo incomensurable
durante todo o choque) intentárono,pero os problemas no
rebote defensivo e o pouco acerto en ataque condenaban
os noieses unha e outra vez ante un Canteiras que non se
mostraba tan efectivo coma os primeiros vinte
minutos.Pero pese a leve melloría,os locais seguían por
debaixo no electrónico final(36-55 o final do
terceiro).No derradeiro os de Filgueiras e Furelos
chegaron a poñerse a doce puntos a falta de catro
minutos para o final,pero nunca chegaron a intimidar a
un Canteiras Porriño que controlou en todo momento o
tempo do partido e que casou unha
máis que grata sensación no Alonso Rodríguez.Ó
final do encontro un contundente 48-63.
Para a semana o
equipo de Primeira Nacional desprázase
ata Ferrol,para medirse o actual campión da categoría o
Noriver Ferrol,que tamén sumou a súa primeira derrota
este fin de semana ,tras caer perante o CB.Vilalba.
Ficha Técnica:
Noia 48:Andrés
(2),Aitor (8),Roi (25),Chechu (9),Santi (2) –cinco
inicial-Charly (0),Martín (0),Pablo (0),Forés (0),Fran
Ferraces (2)
Canteiras
Porriño 63:Nando Pérez (11),López (10),Pampín
(16),García (0),Vicente (3) –cinco inicial- Morgado (1),Villar
(0),Palmeiro (6),Alonso (14),Sio (2),Cortés (0).
¨
Incidencias:
Cuarta xornada da Primeira nacional masculina,que se
disputou no Alonso Rodríguez con moi boa entrada arredor
de 350 persoas.
Parciais: 16-17
//7-27 //13-11//12-8.
Árbitros: Balboa
e Estevez,sinalaron 13 faltas ós locais e 22 os
visitantes.Sen eliminados.
5 de outubro do 2009
Terceira
vitoria do CB.Noia na primeira nacional ,tras desfacerse
este fin de semana do Ferroplast Basket Coruña por 45-51.
Os noieses presentábanse na polideportiva de Riazor II,cun cambio de cromos a última hora.Por un lado,a baixa do novo reforzo ,Jacobo Arufe e por outro a alta do ala Fernando Vicario.
O
partido comezou cun Noia moi serio tanto en defensa coma en
ataque, e que tras varias accións acción de Chechu,Roi e
Aitor collía unha pequena renda de
sete puntos a metade do primeiro cuarto(3-10).Pero
a partires de ahí o partido
mudou completamente,mostrando os visitantes a súa peor
faciana. Os coruñeses subían a súa liña defensiva , e
con accións o límite da legalidade empezaron a recuperar
balóns e anotar canastras fáciles ,chegando a poñerse o
final do primeiro cuarto cun 12-11 o seu favor.
No segundo cuarto as tornas
apenas cambiaron,os herculinos seguían
mandando no ritmo do partido,ante a permisibilidade do dúo
arbitral e os problemas no rebote defensivo do conxunto de
Filgueiras e Furelos .Isto provocaba que os
rapaces de Charly Uzal, chegasen o descanso cun 24-20 ó seu
favor,pero con todo no aire.
Tralo descanso as sensacións
cambiaron, e o Noia saíu moito máis centrado o parqué de
Riazor,pero sobre todo onde se mellorou foi na actitude
defensiva e no bloqueo do rebote.Isto fixo que o Ferroplast
quedase se anotar case seis minutos,tendo os de Charly
Uzal moitísimos atrancos para anotar en estático
,recuperando desta maneira os noieses a
iniciativa no xogo e no luminoso.Pero os erros dende a liña
de tiro libre do Noia,permitían seguir os locais en
partido.O final do terceiro 30-34.
O Noia,pagou a falla de
puntería do terceiro cuarto,e o
Ferroplast igualaba de novo o choque,chegando os últimos
minutos con igualdade.Neses intres finais
decantaron a balanza a prol do conxunto do Barbanza,as
alternancias en defensa e a
agora “si” ,o tino dende a liña de tiros libres,.
Con esta vitoria o Clube
baloncesto Noia continúan invicto no seu regreso a 1ª
nacional masculina e seguen a estela dos conuntos de
Ferrolterra(baloncesto Narón e Noriver Ferrol)na parte alta
da clasificación.
A próxima semana os noieses
reciben o Canteiras Poriiño,o Domingo ás 18.30 no Alonso
Rodríguez.
Ficha
técnica:
Ferroplast Basquet Coruña
45:Antón Amado (11),David Carballo (4),Sánchez (0),Quique
Blanco (8),Justo (8) – cinco inicial- Pablo Somoza
(5),Rodríguez (0),Rey (0),Fernández (0),Andrés Malpica (2),Monty
(7),Codesido (0).
CB.Noia 51:Aitor (13),Roi
(5),Fernando Vicario (8),Chechu (15),Santi (4) –cinco
inicial-Charly (0),Martín (0),Pablo (4),Forés (0),Iván (2),Fran
Ferraces (0),Andrés (0)
Incidencias:3 xornada da Primeira Division Nacional,que se
disputou na tarde do domingo na Polidepotiva de Riazor
II,ante uns 150 espectadores.