JUNIOR FEMININO Autos Patiño

 

O Noia Autos Patiño protagonizou unha das sorpresas da liga interzonal júnior feminina,tras desfacerse do segundo clasificado e aínda invicto La salle,por un axustado 53-49.O partido foi bastante igualado no primeiro cuarto,chegándose o final dos primeiros dez minutos cun 17-17.No segundo cuarto as nosas baixaron as súas prestacións en ataque e amosábanse brandas en defensa o que foi aproveitada polas colexias para distanciarse no descanso (26-33).Pero a reacción das nosas chegou tralo descanso ,chegando a igualar o choque a 41.No último o partido calquera dos dous equipos pudo levarse a vitoria,pero as noiesas obtiveron a cara .

Anotadoras:Lorena (4),Miriam (0),Claudia (7),Paola (17),Andrea (18) –cinco inicial-  María (0),Sabela (3),Mariña (0).

O Noia Autos Patiño abriu a fase interzonal júnior feminino cunha derrota diante do CB.Cluny  .As noiesas tiveron unha boa posta en escea (final do primeiro cuarto 12-13) ,pero a partires do minuto dez foron diluíndose co paso dos minutos,cedendo finalmente por 47-67.

Anotadoras:Lorena (4),Claudia (4),Mariña (6),Andrea (19),Sabela (0) - cinco inicial - Mirian (0),Paola (15),Fátima (0),María (0).

DOBRE DERROTA DO NOIA AUTOS PATIÑO NA FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA.

O Júnior feminino,espertou do sono de acceder a liga galega no primeiro partido da promoción xa que o Canteiras de Darío Méndez amosouse coma un rival moi sólido e que pasou por riba das nosas júniors.O final do partido amosaba a diferenza entre ambos conxuntos ,un claro 86 -26 que deixaba a eliminatoria sentenciada.Destacar a actuación de Andrea que sumou 20 puntos.

No segundo partido as noiesas tiñan unha clara intención mellora-la imaxe ofrecida o sábado en Porriño.As imaxe e  o xogo mellorou pero foi insuficiente para inquietar o Canteiras,que esta un paso por riba das noiesas e levouse de novo o choque por un claro 29-63.De novo destacada actuación de Andrea que sumou 15 os 29 puntos do Autos Patiño.