.

JUNIOR MASCULINO

CB NOIA: 49 (17-9-10-13)

GRIS ARQUITECTOS: 47 (13-11-13-10)

Outro partido no que volvemos a mostrar unha gran intensidade defensiva (somos dos equipos da liga con menos puntos en contra por partido), aínda que por veces tivemos erros motivados pola ansiedade por roubar o balón, deixando espazos ao rival para anotar ou rebotear con facilidade. Pola contra, no aspecto negativo, hai que subliñar a falta de acerto en ataque, cunha baixa porcentaxe de acerto no tiro (tan só no 2º cuarto estivemos acertados nas triplas), especialmente nos tiros libres con tan só 4 de 18 convertidos. De todos xeitos melloramos respecto ao partido anterior na xestión da vantaxa no último minuto, non perdendo a calma e facendo circular ben o balón ante a zona 2-3 e a presión plantexada polo rival.

Anotadores:Maia (5), Silva (13, con 3 de 6 en triplas e 4 asistencias), Abeijón (10, con 13 roubos e 5 rebotes), Salgado (10, e 7 rebotes), Cordido (2); Fernández (2), Sóñora (1), Maceiras (3), Valladares, Mayo (3), Romero

JUNIOR MASCULINO

MINERVA: 61 (11-10-23-6-11) CB NOIA: 50 (15-21-7-7-0)

Logo dunha boa primeira metade con intensidade defensiva e acerto en ataque, tanto na circulación do balón, como nas transicións e sobre todo a porcentaxe anotadora no 2º cuarto (3 de 5 en triplas), voltou o Noia do descanso totalmente descentrado e cun exceso de confianza que permitiu ao rival porse por diante no marcador.

Aínda así entrouse no derradeiro minuto con dous puntos por enriba, pero tras fallar tres ataques que aseguraban a victoria permitiu o Noia que empatasen o encontro. A falta de 19 segundos volveuse a errar unha posesión máis e chegouse á prórroga xa sen forzas fronte a un rival crecido

.Anotadores:Maia (7), Silva (16, 3 triplas), Salgado (14), Cordido e Romero; Valladares, Abeijón (6, con 7 rebotes e 9 roubos), Mayo, Fernández (3, con 6 rebotes, 2 asistencias e 3 roubos), Sóñora, Sixto e Maceiras (4).Eliminado: Silva (45').

O júnior masculino sumou a quinta derrota da tempada na liga júnior zonal masculina tras caer o pasado fin de semana ante o terceiro clasificado da categoría,o compañía de María por  53-44.Os rapaces de José Antonio tras dous bos primeiros cuartos,chegaron o descanso dous abaixo (24-26).Pero un mal terceiro cuarto dos nosos foi aproveitado polos santiagueses para adquirir unha renda de  once puntos  que a postre foi definitiva,pese as intentonas dos nosos rapaces de reducir a renda no último cuarto,onde se chegaron a situar a cinco puntos.Os noieses sitúanse quintos cunha vitoria en seis partidos.

Anotadores:Alessandro Maia (24),Kevin  Silva (4),Alex Salgado (4),Agustín Cordido (8 rebotes) e Dani Romero (2) –cinco inicial - Valladares, Mayo, Fran Sóñora, Joseba Lago (8) e Chechu Maceiras (2)

 

 

Nova derrota do júnior masculino na fase zonal.Os de Jose Antonio caeron por 42 a 61 ante o conxunto santiagués de La salle,nun partido realmente igualado pese o avultado do marcador final.Os noieses estiveron por diante case todo o choque con apenas vantaxes.Pero a zona 1-3-1 do equipo visitante foi decisiva,e fixo que os santiagueses remontaran o choque ,tras firmar un espectacular parcial de 9-26 nos últimos dez minutos.

 Anotadores:

Maia (10), Kevin Silva (4), Alex Salgado (7),Rubén Nieto (14) Dani Romero (4)-cinco inicial - Valladares, Mayo, Agustín Cordido, Fran Sóñora (2) e Joseba Lago (3).

 

O junior masculino abreu a fase zonal da categoría  cunha derrota perante o Obradoiro por 39-50 .O   partido foi   moi igualado nos tres primeiros cuartos,  pese a todo  os compostelans dominarono electrónico  con pequenas rendas.No último cuarto foi cando chegou o momento decisivo do choque,os nosos tras  achegáronse a sete puntos  31-38 ,pero os de Jose Antonio erraron as dúas  posesións seguidas o que permitiu o Obradoiro sentencialo choque.

 

Noia:Abeijón (7), Salgado (5), Maia, Soñora (3) e Nieto (8); Cordido, Fernández (1), Valladares, Mayo, Romero (6), Silva (4) e Martín

Junior Masculino

7 de outubro do 2009

Derrota  pola mínima ante o Obradoiro
CB NOIA: 59 (14-21-12-12)
OBRADOIRO: 65 (16-20-10-19)
 
Anotadores: Mayo (2), Romero, Abeijón (16), Salgado (6), Nieto (23); Cordido (2), Valladares, Silva, Maia (10) e Martín.
 
Partido moi igualado que se decidiu nos 3 derradeiros minutos cando nos deixamos remontar unha ventaxa de 4 punto (todo un mundo para como ía o partido). Pero no final fallamos no rebote defensivo, algo que ata entón dominaramos. A iso engádese a falta de acerto ofensivo para atacar o seu cambio a defensa zonal 3-2. Quedaban 43 segundo e estábamos a 4 puntos, pero un erro no pase en campo de ataque permitiu un contraataque rival e aí acabaron as nosas opcións. A subliñar a nota negativa da lesión de Dani Romero no tendón de Aquiles, se ben ao final non é tan grave como parecía, xa que despois das probas médicas realizadas ten unha tendinite postraumática, polo que será baixa unhas semanas.
 
Bo partido ante  o Caixanova
CB NOIA: 60 (20-11-16-13)
CAIXANOVA FEDESA A : 78 (32-20-8-18)
 
Anotadores: Mayo, Abeijón (8), Salgado (13), Maia (13), Nieto (21); Cordido (1), Valladares, Silva (4) e Martín.
Eliminados: Silva (37') e Abeijón (39').
 
A baixa de Dani Romero e o cansanzo acumulado do día anterior, provocaron que non chegasemos frescos ao final do encontro. A iso hai que sumarlle que tivemos que ir a remolque no marcador todo o partido, chegando a perder por 21 puntos iniciado o 3º cuarto. Con todo entramos nos 5 derradeiros minutos tan só 5 puntos abaixo, logo dun magnífico 3º cuarto de traballo en defensa. As claves do resltado final, ademais da falta de físico (hai que ter en conta que Kevin Silva forzou a súa volta tras un mes de baixa por unha fisura craneal), estivo nas numerosas perdas de balón (especialmente nos dous primeiros cuartos, chegaron a meternos 52 puntos) e nas precipitacións en ataque nos minutos finais. De todos xeitos hai que felicitar aos nosos xogadores polo esforzo realizado, sen chegar a baixar nunca os brazos malia o marcador desfavorables. Ademais destacar a mellora no xogo respecto do primeiro partido.

 

As categorías inferiores

5 de outubro do 2009

O infantil feminino gaña ante peleteiro e o cadete vence pola mínima ante Obradoiro