LIGA FGB INFANTIL FEMININA.

O Noia Muebles San Caetán estréase en liga galega

O Noia Muebles San caetán estreou o casilleiro de vitorias na liga galega infantil feminina,tras desfacerse por un contundente 55-25 do Calasancias de A Coruña.As rapazas de Iago López dominaron o choque con suma facilidade nos dous primeiros cuartos,chegando o descanso con catorce puntos arriba (27-13).Tralo descanso as  noiesas amosaron a súa peor cara,pero as coruñesas non o aproveitaron e  non foron quen de reducir a renda por debaixo dos doce puntos.Chegando así  o final do terceiro cuarto 35-23.Pero as noiesas dispostas a sumar a primeira vitoria superaron as pantasmas de anteriores partidos e reaccionaron,firmando un espectacular último cuarto (20-2),que fixo que a vitoria quedase na casa.

Anotadoras:Alba (10),Laura (12),Paula (5),Ana (9),Sara (5) –cinco inicial –Lucía (0),Laura Moreira (0),Antía (12),Alba Vázquez (2),Marta (0)

O infantil feminino sumou a sexta derrota da campaña en liga galega.Esta vez as que dobregaron as  nosas rapazas foi o Celta Maristas Caixanova,que levouse o choque por 51-20.As  noiesas prantaron guerra durante todo o choque,pero a superioridade física e sobre todo os erros na liña de tiros libres (ata dez erros na primeira parte)facía que as viguesas obtiveran xa no descanso unha renda considerable (21-5).Tralo descanso chegaron os peores momento do Noia mobles San caetán o que foi aproveitado polas celestes  para ampliala renda ata os vinte cinco puntos.Pero as noiesas non desistiron e no derradeiro cuarto limaron a diferenza ata os vinte,pero o cansazo  pasou factura no cadro noiés o que foi aproveitado polas viguesas para ampliala diferenza nos últimos minutos chegando así o 51-20 (máxima diferenza do partido).

Anotadoras:Sara (2),Ana (7),Antía (4),Paula (0),Alba (4)  -cinco inicial –Lucía (0),Laura Moreira (0),Laura (2),Alba Vázquez (1),Marta (0)

 

 

 

O Noia Muebles San Caetán estrenouse na máxima división do baloncesto autonomico infantil  cunha derrota  ente o Pabellon de Ourense por 31-49.

As noiesas non estiveron moi ben no primeiro cuarto o que foi aproveitado polas ourensas para obter unha sustanciosa vantaxe de nove puntos.No segundo cuarto reacccionaron e chegáronse a por a seis puntos pero dous errores consecutivos e unha canastra sobre a bocina das visitantes  elevaban a vantaxe a 10 puntos.

Tras o descanso mesmo guión ,un Noia moi combativo metiase no choque ,pero  os erros no rebote defensivo e en canastras fáciles permitìa ó Pabellón irse doce puntos arriba (29-41).No último cuarto as nosas pagaron o esforzo dos tres anteriores cuartos,e o Pabellón sentenciou o choque, obtendo no último bocinazo do partido a máxima vantaxe do choque,dezaito puntos,que non reflexa a diferenza entre ambos conxuntos.

Noia Mubles San Caetán: Alba Herbón (8),Laura Martínez (7),Antía (8),Ana (5),Sara (1) cinco inicial Lucia Caamaño (0),Laura Moreira (0),Paula (0),Lucía Nieto (2),Alba Vázquez (0),Marta (0).

 

 

 

 

As categorías inferiores do clube baloncesto Noia están de noraboa  un ano máis,xa que o equipo infantil feminino que dirixe Iago López  tras proclamarse campión da fase previa de Santiago é novo equipo de liga galega.A clasificación das noiesas  amosa o bo momento das categorías inferiores do clube no últimos anos,trala consecución da copa Galicia do infantil masculino  e a participación do junior na copa Galicia únese  a participación  das infantís na fase autonómica este ano.

As noiesas tocoulles o premio gordo no sorteo do pasado luns,xa que obtiveron o único pase directo a fase autonómica trala renuncia de un dos equipos clasificados para xogar a promoción de ascenso.De esta maneira  o Muebles San Caetán representará a vila de Noia por toda Galicia, codeándose cos dez mellores equipos da comunidade autónoma de Galicia,onde se atoparan rivais con moita tradición no baloncesto feminino galego coma son Compañía de María de Vigo,Pontumio (Pontedeume),Cortegada (Vilagarcía de Arousa) e Seis do nadal (Vigo) xa clasificados.O resto de rivais das noiesas saldrá da eliminatoria de ascenso que se disputará este fin de semana(31 outubro e 1 novembro)entre os seguintes equipos:Arxil (Pontevedra)—Pabellon Ourense,Canteiras Porriño- Extrugasa Río Ulla (Pontecesures),Celta Vigo – Cidade de Lugo,Carmelitas (Ourense)-Mercedarias (Ferrol),Salesianos Vigo – Calasancias (A Coruña).

O equipo noiés está composto por once xogadoras; Ana Villar,Alba Herbón,Laura Martínez,Sara Soñora,Antía Furelos,Alba Vázquez,Paula Otero,Lucía Nieto,Laura Moreira,Marta Outes,Lucía Caamaño.Sendo a columna vertebral da selección de Santiago pre infantil feminina ,o ano pasado.