HISTORIA DO C.B. NOIA

O baloncesto en Noia xogábase desde os anos 50 entre grupos de amigos. As competicións con equipos federados non comezaron ata os anos 70.

Por unha parte, en categoría feminina destacaron os equipos do colexio María Assumpta, que chegaron a acadar o campionato provincial de cadetes na tempada 76/77, clasificándose para xogar a fase de sector en Valladolid. Os equipos deste colexio estaban dirixidos por Molina.

Por outra parte, a historia do baloncesto en Noia está moi vinculada ó Liceo. Nos anos setenta o Liceo competía con equipos masculinos de categorías non superiores a xuvenil na zona de Santiago e Barbanza.

En mulleres o Liceo chegou a ter un equipo en 2ª categoría nacional. Este equipo fundamentouse en xogadoras locais con algunha incorporación de Santiago.

Os equipos do Liceo adestraban e xogaban no pavillón polideportivo do Liceo que simultaneaba os usos deportivos cos de sala de baile e outros.

O Liceo segue vinculado no presente co baloncesto patrocinando o equipo júnior masculino do baloncesto noiés, que se denomina “Liceo Noia”.

A constitución do Clube de Baloncesto Noia como tal prodúcese o 16 de setembro de 1982 nunha dependencia do Liceo. A primeira directiva quedou constituída polas seguintes persoas:

Presidente: Juan Carlos Pérez Oviedo.

Vicepresidente: José Antonio López Hernando.

Secretario: José Carlos Freire Arufe.

Médico: Manuel Cebreiro Ordoñez.

Vocais: Julio Caamaño Pérez, Luís Estévez Sánchez, José Ramón Martínez Pérez e Julio Moreno Montero.

Nese primeira tempada o equipo sénior participou no campionato provincial no que quedou clasificado en 4º lugar entre 11 equipos. Consérvase unha foto deste equipo tomada no ano 83 en Betanzos. Figuraban como xogadores:

Bases: Cheche, Domingos Pose.

Escoltas: Luís Estévez, Juan e Emiliano.

Aleros: Alberto e Pepe Pose.

Alas-pivot: José Ramón e Pepe Freire.

Pivots: Julio Caamaño e Collazo.

 

Nestes anos chegou a acadar o 2º posto nos anos 1983 e 1995. O equipo  non xogou a fase de ascenso por problemas económicos.

A partires do ano 1997 o equipo accede a categoría de 1ª autonómica.

Na tempada 2003/2004 o equipo de 1ª autonómica descende a categoría zonal. Sen embargo chegamos a un acordo co CB Ribeira polo que nos fixeron cesión da súa praza de 1ª Nacional. Dase así a paradoxa de que en vez de descender de categoría conseguimos participar nunha superior.

Na tempada 2004/2005 destacan dous acontecimentos. En primeiro lugar, o equipo de 1ª Nacional, despois dunha liga moi brillante, consegue quedar de 1º na fase de ascenso a liga EBA. Por outra parte, despois de moitos anos volve a participarse na competición senior feminina.

O elevado custo económico da participación na liga EBA e cuestións deportivas de diversa índole fan necesario que renunciemos ó ascenso a favor do Atántico de A Coruña. Ó tempo conseguimos unha praza para volver a participar na competición de 1ª Autonómica.

O clube tamén ten destacado pola súa  participación en categorías inferiores tanto masculinas como femininas, sendo un dos clubes máis tradicionais da Federación Santiaguesa de Baloncesto.

O equipo junior masculino chegou a quedar 5º de Galicia no ano 92 e a participar no campionato galego nos anos 2002 e 2003 e 2004 xunto cos máis destacados equipos galegos. O cadete masculino chegou a xogar as semifinais da copa Galicia no ano 2000 e gañou a copa Galicia no ano 2001. Na tempada 2002/2003 xogou na liga galega de cadetes.

Desta maneira afrontamos a tempada 2005/2006 con equipos de tódalas categorías inferiores masculinas e femininas e con dous equipos senior masculinos en Autonómica e 1ª Nacional. Probablemente nesta tempada volvamos a quedar sen equipo senior feminino, entre outras cousas por falta doutros equipos na zona de Santiago.

Como xogador destaca sobranceiramente José Angel Antelo, formado nas categorías inferiores do C.B. Noia, onde xogaba na categoría propia da idade e na inmediata superior, ata os 14 anos. Durante a súa pertenza ó CB Noia formou parte das selección galega e española alevín e infantil. Formou parte do equipo cadete “Aluminios Severo” do C. B. Noia que gañou a copa Galicia no ano 2001. O remate da tempada 2000/2001 fichou polo Real Madrid e formou parte das seleccións españolas de cadetes e júniors.

Como anécdota destacar a lonxevidade de Luís Estévez, xogador do CB Noia desde o ano 82 de constitución ata a actualidade, na que compaxina a vicepresidencia do Clube coas funcións de adestrador e xogador do sénior zonal ata a tempada 2003/2004

Os adestradores do 1º equipo sénior foron: Juan Carlos Pérez, José Antonio López, Manolo Pérez Souto, Pepe Freire, José Antonio Vázquez, Juan Filgueiras,  Jorge Queiro e Arturo Ferraces.

Os presidentes do Clube nestes anos foron: Juan Carlos Pérez, José Antonio López, Manolo Pérez Souto, Pepe Freire, José Luís García, Luís Estévez e Xesús  S. Bugallo

 

 

 

                             Galería de fotos.

 

Arriba : Luis García, Alfonso , Victor, Alex, Jorge, Tino, Nanas, Mon (ent.) , Agra

Abaixo: Queiro, Diego, Yeyo, Jacobo, Goyo, Fores.

 

Entre estes xogadores vemos a Mon e Veiga.

 

Equipo de 1ª Autonómica da temporada 2000 - 2001.

Arriba: Toño, Queiro, Fores, Emilio, Xoan, Tino, Mon, Juan

Abaixo: Yago, Mauri, Jacobo, Roberto, Brais.

           

 

Manolo e Tino dous irmans que compartiron equipo .Tamén o gran base Julito.

Imaxes partido C.B. NOIA - REAL MADRID   . Temporada  2002 -2003

ROI  driblando a un contrario ante a mirada de dous grandes do mundo da  canasta como son Nuñez e Juanjo López.

 

O capitán TINO tirando ante un rival.

 

JUAN FILGUEIRAS iniciando un ataque ante a atenta mirada do seu compañeiro YAGO

 

C.B. NOIA _ LICEO , Equipo junior que participou na liga galega o ano 2002 -2003.

Arriba: Juan (ent)Moas, Angel, Mario, Alberto, Iván, Sergio, Miguel

Abaixo: David, Jose, Marcos, Martín, Dani

 

 

Equipo junior dirixido por Fores: Alba, Mariña, Maria, Marian, Micaela, Ana Castro, Ana, Diana, Isabel.

 

Equipo de 1ª Autonómica temporada 2003- 2004.

Arriba: Juan (ent.) ,Queiro (ent), Roi,Xoan,Fernando,Yago,Fores

Abaixo:Pablo,Angel,Marcos,Antón,Tinín,David.

 

       Se coñeces os nomes dos/as Xogadores/as das fotos podedes mandar un correo facendo referencia a foto e o nome dos componentes.

                     Gracias pola colaboración.